Os seis GDR lucenses avalían coa Xunta o seu traballo pulando o agro

Os seis Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs) que hai na provincia de Lugo subvencionaron 112 proxectos que contan cunha axuda de 5,1 millóns de euros e permitirán mobilizar un investimento de preto de 10 millóns de euros. Así se deu a coñecer esta mañá na reunión cos responsables dos GDR lucenses que, presidida polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, serviu para avaliar e poñer en común o traballo que están a desenvolver desde estas entidades para impulsar o agro lucense.

O encontro serviu tamén para facer un chamamento dirixido a empresas, entidades e profesionais do agro, potenciais beneficiarios destas axudas, para que saquen o máximo proveito posible dos recursos que os GDRs poñen a disposición do rural da provincia.

Entre os 115 proxectos que obtiveron o apoio dos GDR se atopa moita variedade, desde centros de día, garderías, a accións culturais e turísticas, ademais de iniciativas relacionadas coa agricultura, gandaría e co forestal. Aos proxectos aprobados ata o de agora sumando moitos máis xa que logo está previsto que o próximo ano teña lugar unha segunda convocatoria de axudas. Os expedientes presentados con posterioridade ao 31 de marzo, serán analizados para a convocatoria do ano que ven, competindo en concorrencia, cos expedientes que se sigan presentando ata o 31 de marzo do 2018, data límite para facelo.

Seis asociacións que abarcan toda a provincia
En Lugo están en pleno funcionamento seis asociacións de desenvolvemento rural: a de Terras de Miranda, con sede en Mondoñedo e ámbito de influencia no norte da provincia; a asociación da comarca de Lugo, con sede en Friol, e ámbito territorial nos concellos do centro; a asociación da Terra Chá, con sede en Vilalba, que opera nesa comarca; a asociación Miño-Ulla, con sede en Chantada, e ámbito influencia nos concellos máis ao sur da provincia; a asociación de Montes e Vales Orientais, con sede en Baleira, que opera na Montaña lucense; e, finalmente, a asociación da Ribera Sacra-Courel, con sede en Bóveda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com