A Casa da Cultura de Vilalba foi o lugar elixido para levar a cabo a presentación do libro Ganduxando Vidas. Unha obra editada por Xermolos e a Irmandade Manuel María da Terra Chá, que conta cun valor especial para a localidade, pois homenaxea ao galeguista Xaquín Campo Freire.
Quen desexe acudir a esta cita literaria poderá achegarse á Casa da Cultura ás 20.00 horas o vindeiro venres 24 de novembro.