Un home que traballaba nunha leira co seu tractor, en Baralla, faleceu despois de quedar atrapado debaixo dun castiñeiro. Os feitos tiveron lugar nunha propiedade da vítima, en Vilartelín.
Unha persoa particular chamou ao 112 Galicia ás 19:20 horas de onte para dar a voz de alarma. Outra persoa tamén se puxo en contacto coa central de emerxencias para indicar que o varón, que faltaba da casa dende a mañá, aparecera sentado no seu propio tractor, coa árbore enriba del.
Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Sarria, ao GES de Becerreá e á Garda Civil.
Os efectivos sanitarios desprazados á zona só puideron confirmar a morte do home.