O PP emprende unha estratexia conxunta pola defensa do AVE a Lugo

O PP provincial e local emprenderán unha estratexia conxunta pola defensa do AVE a Lugo. Así o anunciaron esta mañá os voceiros do Grupo Provincial e Municipal, Elena Candia e Antonio Ameijide, quen deron conta da iniciativa conxunta que ambas as dúas agrupacións presentarán tanto no Pleno da Deputación, como no do Concello de Lugo.

Os populares explicaron que se trata da primeira das iniciativas que levarán a cabo no marco desta programación estratéxica, pois a Alta Velocidade a Lugo “é e debe de ser unha prioriade”. “Así o entendemos dende o Partido Popular e así o entendemos dende a perspectiva que nos dá ser veciños de Lugo e desta provincia. Por iso, pediremos que o Goberno Central materialice o compromiso real de que a nosa provincia figure no mapa da alta velocidade española porque Lugo non pode quedar sen AVE”, explicou Elena Candia.

Os populares agardan así contar co apoio de todos os grupos políticos, porque a chegada do AVE ten, ademais, unha repercusión directa no reequilibrio territorial. “Que a nosa provincia quede comunicada co resto da Comunidade e coa Meseta a través da alta velocidade, cremos que é unha oportunidade que non podemos desaproveitar”, precisou.

Dende o Partido Popular dan así un paso adiante, co fin de acadar un pacto e un compromiso conxunto tanto na Deputación, como no Concello, que permita aunar esta estratexia; “unha estratexia, en definitiva, que vaia máis alá da vontade política do noso grupo”, tal e como o propio presidente da Xunta lle trasladou á alcaldesa desta cidade na reunión que mantiveron ambos os dous dirixentes no pasado mes de febreiro.

Pola súa banda, Antonio Ameijide defendeu “a idoneidade de presentar, neste momento, esta proposición” coa que se “desmontan as afirmacións daqueles que acusan ao PP de abandonar este proxecto”. “Proba de que o compromiso segue vivo é esta iniciativa conxunta na que se implica a todas as administracións e, por iso, é preciso un consenso político sen fisuras” reflexionou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com