A asamblea de Vilalba Aberta ven de anunciar a posta en marcha dunha estrateixa conxunta cos grupos de En Marea no Congreso e máis no Parlamento Galego, a fin da retirada da decisión que o Ministerio de Facenda daba a coñecer o pasado venres, relativa á poxa dos bens e fincas situadas no xacemento da Pena Grande, no Concello de Vilalba.
Unha parcela de algo máis de tres hectáreas e media de superficie á venda por 7.785,66 euros. Unha parcela, denuncian dende a formación vilalbesa, que ten por característica nin máis nin menos que a de acoller un dos principais xacementos arqueolóxicos de Galicia. Para o seu voceiro e edil, Modesto Renda, o anuncio representa unha “auténtica ofensa coma historiador e coma vilalbés” e cuestionou – el alusión a Baamonde- a “catadura moral” dun Alcalde que “non dá un chío diante da vergoña que, para un Concello coma Vilalba, está a supoñer que un dos seus orgullos, en tanto que xacemento paleolítico catalogado, se atope ameazado pola privatización da parcela que o acolle”.
É por isto que anunciou o establecemento dunha canle de comunicación directa co deputado Fernán Vello e mailos grupos de En Marea no Congreso e o Parlamento, a fin de pelexar a revogación da antedita decisión ministerial. Paralelamente, En Marea preguntou xa no día de hoxe ao Goberno do Estado pola súa disposición a cedelos gratuítamente á Xunta para poñelos en valor dende un punto de vista do patrimonio cultural e histórico.