Baile popular na defensa da sanidade pública na Mariña

Con este comunicado dirixido aos medios, cidadáns da Mariña rexeitan a centralización na capital da provincia de servizos sanitarios que, ata o momento, se están  a prestar no hospital de Burela.

Bailando, rexeitamos unha atención sanitaria de segunda para cidadáns de segunda e deixamos claro que non pode haber diferenzas na atención á cidadanía dunha zona a outra do país.

 Bailando, esiximos que a Xunta escoite, que as maiorías absolutas outorgan o poder de gobernar, pero non dan razóns absolutas.

 Bailando, dixemos non á centralización dos servizos hospitalarios na capital da provincia e  a conseguinte perda de servizos e especialidades en Burela.

 Bailando, dixemos que non queremos viaxar a Lugo para realizar probas, consultas e cirurxías que ate agora realizábanse na Mariña como a implantación de marcapasos e inclusive o cambio de pilas dos mesmos, os partos de prematuros, malia contar o Hospital da Costa con unidade de prematuros, a maioría das operacións de cataratas, hernias ou fimose, ou as cirurxías programadas de traumatoloxía

 Bailando, demandamos unha área de xestión integrada para A Mariña con plena capacidade de xestión en asistencia primaria e especializada e mais nos seus recursos humanos e económicos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com