Última semana na carreira pola secretaría provincial do PsdeG

Álvaro Santos Ramos, José María Arias e Patricia Otero. Tres nomes cun mesmo obxectivo: a secretaría provincial do PSdeG en Lugo. E como soe ocorrir, tres nomes significa tres bandos, e para cada un, uns apoios diferentes. Todos os candidatos presentaron xa os seus avais ao partido, Santos e Arias personalmente e Otero, a través dun compañeiro de partido, o exconcelleiro, José Luis Díaz.

Santos Ramos, quen percorreu xa máis de 50 agrupacións socialistas das 66 da provincia, afirmaba o pasado venres ter confianza na súa carreira por liderar aos socialistas. Ese mesmo día o actual voceiro da Deputación anunciaba que esta semana presentaría o seu programa e así o fixo. Este mediodía, Santos Ramos amosou á prensa os tres pés fundamentais da súa candiatura: lealdade, compromiso e traballo, ademáis das liñas principais nas que baseará o seu traballo para a provincia.

 

“O Partido Socialista é o nexo común de todos nós, militantes que temos a vocación de transformar a sociedade na que participamos para que sexa máis xusta e nos ofreza a posibilidade de desenvolver a nosa vida con seguridade, expectativas de futuro e benestar”, comeza a misiva do candidato, quen chama a seguir cambiando a sociadade “coa nosa capacidade e ilusión implicámonos na vida política das nosas vilas, das comarcas”.

Álvaro Santos dividirá o seu traballo en tres bloques “o partido no territorio, descentralizando o PSdeG para dar resposta inmediata e certeira aos problemas locais; o modelo de partido, no que se recollen estruturas funcionais do partido e metodoloxía de traballo; e un Plan director da Provincia de Lugo, cunha metodoloxía de traballo baseada no coñecemento, en compartir experiencias nunha relación simbiótica coa sociedade e cos seus axentes”.

O vindeiro domingo, 3 de decembro, será o día da elección de secretario xeral para os militantes do PSdeG que contarán con máis de 40 centros de votación en toda a provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com