A Asociación Provincial do Taxi en Lugo sumaráse mañá mércores, 29 de novembro, á xornada de folga no sector do taxi convocada en toda España en protesta “pola situación creada polo Ministerio de Fomento coa creación de miles de autorizacións VTCs (arrendamento de vehículos con conductor), controladas por grupos empresariais e multinacionais, que abocan ao sector do taxi á crise máis profunda da súa historia”.
Por este motivo e, ante o incumprimento de promesas e retrasos na execución dos acordos acadados, dende as asociacións de taxi de España destacan que se ven “na necesidade de esixir ao Ministerio de Fomento que recapacite, pois os profesionais estamos decididos a defender os nosos postos de traballo e o sustento das nosas familias; e, non imos a permitir, que ningún grupo empresarial, por moita multinacional que sexa, tire o noso pasado, presente e futuro pola borda”.