Adace presta atención a 20 usuarios grazas aos apoios de Concello e Deputación

A Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo, mantivo esta tarde un encontro con usuarios de ADACE (Asociación de Dano Cerebral Adquirido/Sobrevido de Lugo), xunto á Presidenta e a Directora deste colectivo, Ángeles Rozas e Iria Abel. Fixérono para coñecer in situ os resultados das colaboracións que manteñen Deputación e Concello de Lugo con ADACE para mellorar a calidade de vida dos 20 lucenses que sofren Dano Cerebral e forman parte desta asociación.

Estas colaboracións coa Asociación de Dano Cerebral Sobrevido/Adquirido de Lugo, que ascenden aos 20.000 euros ao ano por parte de ambas as dúas institucións, permiten que este colectivo manteña o seu Centro de Día, cuxos custos correntes sufraga na súa totalidade o Concello de Lugo. Pola súa parte, o Goberno da Deputación financia a contratación dun neuropsicólogo, que forma parte da plantilla de 6 profesionais cos que conta a asociación e que atenden na actualidade a 20 veciños da provincia; así como a realización por parte dun monitor de dúas clases á semana, dunha hora de duración, de ximnasia de mantemento, na que os usuarios realizan un conxunto de actividades encamiñadas á conservación e mellora da condición física, enmarcadas no Movémonos, o programa deportivo, saudable e social da Deputación.

Ademais, os Gobernos Local e Provincial colaboran con ADACE na celebración de campañas de sensibilización e prevención do Dano Cerebral que realiza o colectivo durante todo o ano na provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com