O Lugay 2017 encherá a Praza Maior de música, cores e animación

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e o presidente da Asociación pola Liberdade Afectivo e Sexual da cidade de Lugo, colectivo ALAS, Marcos Fernández, avanzaron este xoves os actos conmemorativos do Orgullo LGTBI Lugay 2017, que se celebrará este sábado, 2 de decembro, a partir das 22:30 horas, na Praza Maior.

Ana González Abelleira salientou que o Concello colaborará con estas actividades “porque dende o Goberno sempre traballamos por unha sociedade máis xusta e igualitaria”. A edil tamén aproveitou para convidar a toda a cidadanía a que asista a este evento.

Pola súa banda, Marcos Fernández agradeceu a colaboración do Concello e da Deputación con este evento, “que como cada ano será un acto de carácter artístico e reivindicativo pola visibilidade do colectivo LGTBI e que contará con artistas de ámbito nacional”.

Os actos, organizados polo colectivo de lesbianas; gays; bisexuais, transexuais e intersexuais ALAS, contará con diversas actuación musicais. Os artistas que participarán nesta celebración son Kika Lorance, Pupi Poisson, Sra Paca e Las Supremas. O evento estará presentado pola cantante Lucia Pérez.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com