Policía Autonómica

A Xunta incorpora cinco novos coches ao parque da Policía Autonómica

A Policía Autonómica en Lugo conta, desde hoxe mesmo, con cinco novos vehículos que se incorporan ao parque móbil desta unidade adscrita á Xunta de Galicia.

O acto oficial de entrega destes coches tivo lugar esta mañá, presidido polo delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, acompañado do subdelegado do Goberno central en Lugo, Ramón Carballo e do xefe provincial da Policía Autonómica, Javier Amigo.

En concreto, os novos vehículos -valorados en 140.000 euros-, están especialmente equipados cos medios técnicos necesarios para a labor policial, entre eles, un kit de recollida de mostras e unha cámara fotográfica de dotación.

Esta nova incorporación facilita a renovación e retirada doutros cinco coches de maior antigüidade e uso, polo que na actualidade a xefatura da Policía Autonómica en Lugo conta cun total de doce vehículos. A aposta do Goberno galego por reforzar con novos medios e recursos este corpo non se limita só a adquisición de vehículos, senón que tamén inclúe chalecos externos para usopolicial e a recente actualización dos equipos informáticos da Xefatura provincial.

A Policía Autonómica realiza funcións de prevención e investigación en eidos tan relevantes para a sociedade galega como a defensa do medio ambiente, e a loita contra o lume, a violencia de xénero ou o furtivismo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com