Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga presentan a candidatura de Xeoparque Mundial

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, informou esta mañá sobre a recente presentación da candidatura dos Montes do Courel a Xeoparque Mundial, un distintivo a nivel internacional que outorga a UNESCO. O Deputado apuntou que “o Goberno converteu á Deputación na principal administración Galega colaboradora, que traballa xunto aos Concellos de Ribas do Sil, Quiroga e Folgoso do Courel, cunha achega de 50.000 euros. Estes fondos permitiron a elaboración de toda a documentación deste proxecto, presentado oficialmente ante a UNESCO onte mesmo. Ademais, permitirán levar a cabo vindeiras accións de promoción e posta en valor deste espazo natural durante o 2018”.

“De ser fallado favorablemente, seremos o primeiro territorio en Galicia e no noroeste peninsular en recibir este galardón internacional. Trátase dunha oportunidade única para conseguir poñer no mapa á comarca de Quiroga, un dos espazos naturais máis importantes e ricos xa non só da provincia, senón de toda Galicia”, apuntou. Santos Ramos engadiu que “sendo coñecedores da importancia deste recoñecemento para o desenvolvemento da zona, xa no 2016, dende o Goberno da Deputación decidimos sumarnos a esta iniciativa, sendo a 1ª institución pública ademais dos propios municipios, en adherirse ao proxecto”.

Cómpre subliñar que o distintivo internacional non implica restrición algunha para os veciños da comarca, salvo as xa existentes ficadas pola a Xunta por ser un territorio integrado dentro da Rede Natura 2000. Este espazo natural ten unha extensión total de 577 quilómetros cadrados, no que conviven preto de 6.000 lucenses.

Na presentación tamén estiveron presentes o Delegado Territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, así como o Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, a Alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro Ochoa, o Tenente de Alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro González, e o Presidente do GDR8, José Manuel Arias López.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com