A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, entregou este vernes o premio ao gañador do certame Olladas de San Froilán, posto en marcha polo Concello para difundir as patronais a través do audiovisual, Jaime Pardo Valdés. A súa peza, Días de festa, unha mirada diferente do San Froilán, foi escollida por un xurado profesional o pasado 9 de novembro, entre a ducia de pezas presentadas a este concurso. O gañador recibiu un premio dotado con 1.500 euros.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.