O Concello ofrece máis de 60 actividades para celebrar o Nadal

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este venres, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, a ampla variade de actividades lúdico culturais, para toda a familia, organizadas polo Concello para a Ponte de Decembro e o Nadal. Trátase de máis de 60 actividades que terán lugar en distintos espazos por distintas zonas de cidade, para chegar a toda a cidadanía.

A programación da ponte e do Nadal diversifícase en distintas actividades. Por un lado, están os paseos artísticos polo Camiño Primitivo, para explorar as experiencias sensoriais de cadaquén a través da toma de fotografías dos espazos desexados durante o percorrido. Terán lugar os días 6, 7, 8 e 9 de decembro, así como o 26 e 27 de decembro, e o 2 e 3 de xaneiro. O Concello tamén ten preparado o paseo de San Silvestre, polo Camiño Primitivo, dende O Carqueixo ata a Praza Maior. A saída será ás 16:00 horas, poñéndose un autobús de balde dende as 15:45 horas.

Ao seu remate haberá uvas e brinde de Fin de Ano. O número de persoas participantes é de 15. Os interesados teñen que inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ou no teléfono 982-251- 658. Para o paseo de San Silvestre, a data límite de inscrición é o día 31.

Dentro das andainas, haberán distintos paseos con temáticas dende a arquitectura, patrimonio, antropoloxía e etnografía , natureza e xeogastronomía. Terán lugar os días 3, 6, 8, 10 e 17 de decembro. O punto de saída será a rúa Anxo López Pérez, ás 10:30 horas. Tamén é necesaria inscrición, que debe facerse na Oficina Municipal de Turismo.

Por outra banda, están as exposicións, a da Asociación de Pintores coa Boca e o Pé, a de fotografía Galegos en Mauhausen e a de fotografía da Asociación de Síndrome de WolfHirschhorn, todas elas no Vello Cárcere, ata o 10 e o 29 de decembro, e o 15 de xaneiro, respectivamente. O MIHL acollerá a mostra Os mundos de Carlos Casares,
ata o 29 de decembro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com