Vidro e madeira para cubrir a Praza de Abastos

O xurado reunido este venres no Vello Cárcere para valorar as 9 propostas presentadas ao concurso de ideas convocado polo Concello para o deseño da humanización de Quiroga Ballesteros elixiu como gañadora a candidatura plantexada polo arquitecto lucense José Antonio Rodríguez Moscoso. Consiste nunha pérgola a base de árbores artificiais a modo de bosque urbano, que soportan unha cuberta de vidro con acabado tamizado.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, subliñou a dobre satisfacción do Goberno, por un lado porque, “a pesar de que, como eramos conscientes, o prazo era curto, finalmente foron nove as persoas que concorreron” e, por outro, “polo plantexamento que fixemos dende o Goberno para elixir o deseño da humanización, pois, aínda que, ao ser  un contrato menor de servizos, poderiamos facer unha adxudicación directa con só invitar a tres empresas, neste caso quixemos abrir a participación e a creatividade para que os expertos, os profesionais dixeran que consideraban máis factible neste espazo”.

Méndez explicou que foi “unha mañá densa, porque houbo moitas deliberacións e cuestións a puntuar, desde a estética, como harmonizaba co entorno e a accesibilidade ata o mantemento posterior”. A humanización de Quiroga Ballesteros é peza central no modelo de cidade do Goberno, “unha cidade máis humana, accesible, cómoda, sostible, con máis espazos públicos para uso público, para gozar máis da rúa a través de actividades comerciais e de lecer”, destacou a Alcaldesa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com