Álvaro Santos novo Secretario Xeral dos Socialistas Lugueses

Álvaro Santos Ramos Deputado de Relacións Institucionais, e  Voceiro Provincial é o novo Secretario Xeral dos Socialistas Lugueses, logo de impoñerse ao alcalde de Castroverde José María Arias e a Tenente Alcalde de Burela Patricia Otero. O xa novo Secretario Xeral sacou máis votos que a suma  dos outros dous candidatos.

Santos que declaraba  a este xornal este venres “Eu comprométome a que os militantes serán os actores principais do partido na provincia e vou xerar os espazos para que todos poidamos sumar. Ese é o compromiso que asumo”, terá que poñerse mans á obra para facer que as/os militantes que o votaron a el e os que o fixeron polas outras candidaturas traballen xuntos a partir de mañá mesmo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com