O CD Lugo trae de Sevilla un empate nun partido no que os de Francisco foron de menos a máis.
Cunha temperatura máis propia de Lugo que de Sevilla comezou o partido na Cidade Deportiva José Ramón Cisneros Palacios. Sen apenas tempo para posicionarse, ao Lugo tocoulle remar contracorriente. Un pase ao corazón da área era rematado por Olavide e tras repeler o balón en primeira estancia Juan Carlos, Carlos Fernández marcaba para o Sevilla Atlético. Desde o gol do Sevilla Atlético os homes de Francisco foron decididamente a por a igualada, pero os sevillistas non permitiron ocasións claras dos branquivermellos. O seu rigor defensivo, impedía traducir en ocasións claras a maior posesión albivermella e remataba a primeira metade coa mesma dinámica. Un disparo desde a frontal de Seoane, xusto antes de que o colexiado sinalase o descanso, foi a ocasión máis clara dos de Francisco.
Pero o Lugo non se rendeu e deu claras mostras do seu espírito á volta de vestiarios. Os branquivermellos mostraron a súa clara intención de equilibrar o duelo desde o primeiro instante e aos dez minutos lográrono. Foi tras unha falta lanzada por Cristian Herrera que Juan Soriano foi incapaz de atrapar e Bernardo, ex do Sevilla Atlético, envíou o rexeite ao fondo das redes para poñer o empate no electrónico. O CD Lugo, ambicioso, quería máis e o xogo comezou a desenvolverse practicamente de forma íntegra no campo do Sevilla Atlético. Os sevillistas buscaban as súas oportunidades a través da velocidade de Lara e posteriormente de Olavide, que entrou substituíndo ao 30 do filial. Francisco pola súa banda daba entrada a Nicolás Albarracín por Mario Barco. Cristian Herrera pasaba a ser a referencia en ataque. Tentárono ata o final e tiveron oportunidades, como un cabezazo de Albarracín que detivo Soriano. Ao final non puido ser. O Lugo alcanza os 30 puntos e, sen deixar de soñar, xa ten máis preto o obxectivo dos 50.