Ferido un condutor tras envorcar co seu vehículo en Pantón

Un condutor resultou ferido despois de envorcar co seu turismo ao paso da localidade de Pantón. Os feitos ocorreron á altura de Touriz, ao redor do punto quilométrico 8 da LU-617.

Ás 12:00 horas deste mediodía, un particular chamou ao 112 Galicia para pedir axuda.  Indicaba que un coche acababa de envorcar e o seu condutor estaba ferido. Ademais, aseguraba que o home precisaba axuda para saír do interior do turismo.

Foi nese momento, cando o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE) ademais de requirir a intervención do persoal sanitario, alertou aos membros do parque comarcal e á Garda Civil de Tráfico. Do mesmo xeito, solicitou a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada para a limpeza da vía, polos danos ocasionados.

Finalmente, os Bombeiros comunicaron ao persoal do CIAE que, aínda que non foi preciso o uso do material de excarceración si axudaron ao condutor a saír do interior do vehículo.

Muller atropelada
Unha muller resultou ferida esta mañá despois de ser atropelada por un turismo na localidade lucense de Monforte de Lemos. Ás 11:30 horas, o propio condutor comunicaba ao 112 Galicia que atropelara a unha muller na Plaza de Compañía, á altura dos Escolapios.

Decontado, pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias. Tamén, nada mais ser informados polo persoal do CIAE desprazáronse ao lugar dos feitos,  os axentes da Policía Local, os Bombeiros e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com