A Xunta retira a simboloxía franquistas do IES Lucus Augusti

O Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, informou esta mañá de que onte comezaron, no IES Lucus Augusti, o antigo Instituto Masculino da cidade, as obras para cubrir ou retirar os elementos franquistas que aínda quedan neste centro de ensino. 

O ente autonómico comezou estes traballos no día de onte e se prolongarán por un período menor a un mes. Asemade, o delegado asegurou que o escudo da fachada será tapado, ante a imposibilidade de retiralo por completo. En canto á vidrieira interior, será desmontada e retirada para levala ao Museo Pedagóxico de Galicia, en Santiago de Compostela; ademáis, no seu lugar colocarán outra lisa, sen debuxos de ningún tipo.

O mesmo proxecto prevé tamén tapar os dous escudos franquistas que hai no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, antigo Feminino, e un conxunto de obras de mellora do Lucus Augusti como a do arquivo ou a biblioteca, todo elo sumará unha inversión de preto de 170.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com