O Concello pon en marcha a campaña ‘Este Nadal regala Mondoñedo’

O Concello de Mondoñedo inicia a vindeira semana a campaña ‘Este Nadal, regala Mondoñedo’. Así, a administración local  xunto á empresa MariñActiva, e a establecementos locais lanzan un lote de paquetes turísticos. Unha nova iniciativa turística para que a “xente merque Mondoñedo a máis merque en Mondoñedo”, segundo explica a alcaldesa Elena Candia, quen puxo en valor a diversidade desta oferta, na que se potencia tanto a natureza, como a gastronomía, a artesanía e a historia da cidade.

A rexedora fai fincapé en que “Mondoñedo une colaboración pública e privada para crear o paquete “Este Nadal, regala Mondoñedo”, tanto é así que o obxecto é que “unha escapada con encanto na cidade mariñá se converta no mellor regalo deste Nadal”. Ademais, a través desta iniciativa tamén se invita ás empresas para que elixan Mondoñedo para as súas ceas de Nadal. Os paquetes comezan a comercializarse a vindeira semana dende uns 99 euros.

O produto turístico inclúe ata catro paquetes, que se ofertan baixo os lemas O labirinto habitado: descubre Mondoñedo; Os outros Camiños: aventúrate en Mondoñedo; Cociña galega con sabor a Mondoñedo; e Merlín e Familia en Mondoñedo.

Descrición dos catro paquetes turísticos

Paquete 1: O labirinto habitado: descubre Mondoñedo. Un paquete que potencia a historia da cidade, antiga capital de Galicia, sede episcopal dende o século XII, berce de personaxes ilustres e lugar de tradicións e lendas.

Paquete 2: Os outros camiños: aventúrate en Mondoñedo; dirixido aos máis aventureiros, para que desfruten do patrimonio natural da cidade (covas, fervenzas, vales…) e do Camiño de Santiago. Nesta ocasión, o produto inclúe unha noite de aloxamento con almorzo para dúas persoas; xunto a unha ruta de sendeirismo

 Paquete 3: Cociña galega con sabor a Mondoñedo. Ademais dunha noite de aloxamento e almorzo para dúas persoas, inclúe unha cena ou comida con regusto á Terriña e unha tarta de Mondoñedo de regalo.

Paquete 4: Merlín e Familia en Mondoñedo; pensado en desfrutar dunha fin de semana en familia na cidade.

Condicións de compra e reserva

Os paquetes poderanse adquirir de tres formas. É dicir, de xeito on-line (www.mariñactiva.com), por teléfono (683401865) e na propia sucursal de MariñActiva (Viajes Eroski: Avenida Arcadio Pardiñas, 97. Burela-Lugo).

O prazo de desfrute destes paquetes é do 6 de xaneiro ao 30 de xuño e do 1 de setembro ao 20 de decembro de 2018.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com