A Mariña reclama unha sanidade pública de proximidade

A plataforma Somos unha área Viveiro uníuse hoxe á caravana de vehículos pola Sanidade pública e en contra da reforma sanitaria da Xunta de Galicia.

“As mentiras de quen goberna a nosa sanidade caerán sobre o seu propio peso e entón quedará a dignidade dun pobo que loita polo seu: unha sanidade pública de calidade e de proximidade dende A Mariña e para A Mariña”, afirma a plataforma nunha misiva enviada sos medios de comunicación esta tarde.

Este sábado tivo lugar o primeiro tramo da Caravana pola Sanidade Pública organizada pola Plataforma na Defensa da Sanidade Pública que mobilizou os vehículos polas estradas da comarca.

O tramo Viveiro-Xove saíu ás 11 da mañá do Pavillón Municipal de Deportes de Viveiro, chegando a unirse ao longo da ruta máis de 100 vehículos e preto de 300 persoas, nun percorrido que rematou na Praza do Concello de Xove ante a afluencia masiva da veciñanza, cargos políticos, organizacións sindicais e outros colectivos.

“A teimosía” do Partido Popular de mandar en plena ponte de decembro a reforma da Lei de Saúde para o seu trámite parlamentar urxente, atopou unha resposta decidida das veciñas e dos veciños de Viveiro e da Mariña.

“As consecuencias desta decisión resultan claramente prexudiciais para o conxunto da poboación da provincia de Lugo e de xeito moi particular para as preto de 80.000 persoas adscritas a area sanitaria da Mariña”, denuncian.

A dependencia orgánica do Hospital de Lugo do centro de Burela implica a centralización dos servizos hospitalarios na capital da provincia e a conseguinte perda de servizos e especialidades en Burela así como desprazamentos constantes da poboación da Mariña, nalgúns casos a máis de hora e media de viaxe, ao Hospital de Lugo e aos hospitais privados-concertados para realizar probas e consultas que ate agora realizaban nas súas comarcas.

“Os grandes beneficiados da reforma sanitaria impulsada polo PP son os hospitais privados da cidade de Lugo. A conta de resultados dalgúns destes centros, como o Polusa ou a Nosa Señora dos Ollos Grandes, que curiosamente acometeu recentemente unha importante reforma das instalacións, non paran de medrar a medida que se reduce a carteira de servizos do hospital de Burela”, critica Somos unha área Viveir

“A nosa área e nosa, e non se toca!”, conclúen no comunicado.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com