A Copa Princesa chega a Lugo da man do Emevé

O club de voleibol Emevé presentou hoxe a décimo primeira edición da copa Princesa que acollerá a cidade de Lugo os días 6 e 7 de xaneiro no Pabellón municipal dos deportes. No acto, ao que acudiron diversas autoridades, estivo presente a presidenta do club de voleibol, Bibí Bouza, quen resaltou a importancia que supón para a cidade acoller a Copa Princesa; un torneo no que os 4 mellores equipos femininos de España (CV Emevé (Lugo), CV Madrid Chamberí (Madrid), CV Elche Viziusport (Alicante) e CV Xátiva de Valencia), se disputarán un dos 6 títulos máis importantes da tempada.

O Goberno da Deputación e do Concello de Lugo colaboran na organización desta cita deportiva, pois achegan 70.000 e 45.000 euros respectivamente, ao Club Voleibol Emevé, o equipo referencia desta modalidade na provincia, para financiar os gastos da tempada e a celebración deste evento, que terá unha importante repercusión deportiva e mediática para a cidade de Lugo, ademais de ser unha oportunidade única para promover o deporte feminino.

O deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón subliñou que “é un privilexio poder acoller na nosa provincia a Copa Princesa de Voleibol. Somos conscientes da dificultade que supón organizar un evento destas dimensións, por iso estamos convencidos de que o feito de que a Federación Española se decantara pola cidade de Lugo para albergar esta competición é o resultado do esforzo que levan facendo dende o Emevé durante moitísimos anos”.

O Deputado de Deportes engadiu que “a organización deste evento supón un colofón a todo o traballo que vimos realizando en prol do deporte feminino. Temos que desprendernos desa coletilla de que o voleibol é un deporte minoritario, porque nesta provincia é un deporte de referencia”.

Pola súa parte, o edil de Deportes do Concello de Lugo Fernández Méndez apuntou que grazas á Copa Princesa “Lugo vai ser durante uns días epicentro do voleibol en toda España”. “É un orgullo acoller por primeira vez” esta competición, indicou Miguel Fernández, “froito do gran traballo que durante moitos anos vén facendo o Emevé e polo cal os felicitamos dende o Concello”.

Ademais da importancia deportiva da Copa, sobre todo pola visibilidade das disciplinas femininas, o Concelleiro destacou “a gran promoción que supoñerá para a cidade, pois vannos a visitar moitas persoas doutras partes do país, o que é unha oportunidade de difusión. Os lucenses somos xente acolledora e vamos a facer todo o posible, dende o club e as institucións, para que gocen do noso patrimonio e gastronomía, que marchen contentos e con gañas de volver”. Fernández puxo unha vez máis a disposición do Emevé todos os recursos municipais para continuar co “gran labor” que vén desempeñando en favor da promoción do deporte.

A Copa da Princesa de Voleibol é a competición española máis recente, debido a que se inicia na tempada 2007-2008. O Club Emevé xa sabe o que é levantar esta Copa, pois alzouse coa sétima edición, que tivo lugar en Miranda de Ebro no ano 2014. Esta nova edición do torneo do K.O. da división de prata do voleibol nacional terá lugar por primeira vez en Lugo. O Pavillón Municipal será a sede dun intenso campionato copeiro no que se enfrontarán os 4 mellores Clubs a nivel nacional da Superliga 2 feminina (os dous primeiros do Grupo A e os dous primeiros do Grupo B) clasificados na primeira volta da liga.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com