Esta mañá rexistrouse unha colisión en Outeiro de Rei. Concretamente ás 9:40 desta mañá na N-VI, no punto quilométrico 512 e resultou ferida unha persoa, que nun primeiro momento sospeitaban que estaba atrapada no interior do turismo accidentado.
Así, o persoal do 112 avisou aos Bombeiros de Vilalba, aos profesionais de Urxencias Médicas e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Unha vez no lugar do sinistro, os bombeiros comprobaron que a persoa estaba liberada e estaba xa sendo atendida polos servizos sanitarios.
Non obstante, permaneceron no lugar para a limpeza dos restos de aceite e materiais que quedaron na vía. Deste xeito, restableceron as condicións de seguridade na calzada e regresaron á base.