Feijóo garante en Vilalba o compromiso co sector agroalimentario

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, garantiu hoxe o compromiso co sector agroalimentario, por medio do Plan de promoción da calidade agroalimentaria 2020 para que o sector siga medrando e consolidar Galicia como sinónimo de calidade. “Unha iniciativa que, dotada con máis de 34 millóns de euros, nace co convencemento de que en Galicia a calidade é a clave da nosa produción agroalimentaria”, aseverou.

Ademais de impulsar, a través das denominacións de orixe e indicacións xeográficas, o crecemento dun sector fundamental para o desenvolvemento do rural, Feijóo afirmou que este plan ten en conta a necesidade de loitar contra a competencia desleal, facendo especial fincapé na importancia da correcta identificación dos produtos.

Durante a entrega de premios das Catas de Galicia 2017: XX Cata dos Queixos de Galicia e XVI Cata dos Meles de Galicia, Feijóo precisou que esta estratexia inclúe, tamén, o desenvolvemento de liñas de apoio aos operadores agroalimentarios e aos órganos de xestión das denominacións para impulsar e financiar as súas actividades; accións encamiñadas a identificar novas denominacións e indicacións xeográficas; e a promoción e posta en valor das producións alimentarias de carácter artesanal. “Todo isto complementarase coa posta en marcha da Axencia Galega da Calidade Alimentaria Agacal”, dixo, encamiñada a dar apoio tecnolóxico e formativo ao sector.

Ao longo da súa intervención, o titular do Executivo autonómico aseverou que as 30 denominacións de orixe e indicacións xeográficas no ámbito agroalimentario, ás que habería que engadir as producións ecolóxicas certificadas na Comunidade, poñen de manifesto a boa saúde do sector. E, neste mesmo senso, incidiu en que o establecemento dunha denominación de calidade nunha zona supón unha oportunidade económica, fixa poboación e consolida a agricultura e a agroindustria como sectores de futuro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com