Afundación presenta Rubicundo en Lugo dentro da súa programación para escolares

A obra de teatro Rubicundo será levada á escena no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo da man de Afundación e a súa programación de actividades para escolares. A representación será mañá mércores 13 de decembro con dúas funcións, ás 10.00 e ás 12.00 h.

Case 1100 alumnas e alumnos de 3.º e 4.º curso de educación primaria de 22 centros escolares de Lugo e contorna acudirán a ver esta produción en galego de Teatro dos Ghazafelhos. A obra de teatro Rubicundo, da compañía Teatro dos Ghazafelhos, é unha adaptación do conto homónimo da escritora ceense María Canosa na que tres personaxes interactúan con obxectos, monicreques e bailan e cantan en directo. Conta a historia de Erea, unha nena curiosa e soñadora que ve todas as noites como Rubicundo, un misterioso personaxe enfundado nun gabán e un sombreiro de copa, sae na súa bicicleta desde o seu xardín. Ninguén se fixa nel excepto Erea, que está disposta a chegar ata o final deste misterio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com