Campos Conde presenta a súa proposta de Orzamento 2018

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou esta tarde a súa proposta de Orzamento da Deputación para 2018 e convocou a comisión informativa sobre o mesmo, así como o Pleno da súa aprobación para o xoves 21 de decembro. Campos Conde explicou que o presuposto consolidado, que inclúe o do propio organismo provincial (79.041.692 euros) SUPLUSA, TIC e Consorcio de Bombeiros, ascende aos 83,7 millóns (83.703.156 euros), baixando con respecto a 2017 en 1,1 millóns (1.144.722 euros), que representan o 1,35%, polos recortes nas aportacións do Estado.

“A pesar da redución de ingresos, incrementamos os investimentos para emprego, políticas sociais e infraestruturas nos 67 Concellos, respondendo por igual ás necesidades e prioridades dos máis de 300.000 veciños da provincia. Deste xeito, dos 83,7 millóns de euros, destinamos a investimentos 45,6 millóns, que representan máis do 54,4% do orzamento”, subliñou.

11,3 millóns de euros do Orzamento da Deputación para 2018 son para o Plan Único. Con respecto ao presente ano, estes fondos aumentan en 1,3 millóns de euros, pois no 2017 destináronse 10 millóns de euros. “O noso obxectivo é que a dotación económica total do Plan Único 2018 sexa de cando menos 20 millóns coma este ano ou incluso superar esta cantidade. Por este motivo, no documento xa comprometemos destinar como mínimo o 70% dos remanentes de tesourería que se xeren e que se coñecerán en xaneiro cando se poida realizar a liquidación do exercicio económico deste ano”, explicou.

No 2017, achegáronse ao Plan Único 10 millóns de remanentes, que tamén se incorporaron a esta programación tras a aprobación do presuposto e a liquidación. Con estes 11,3 millóns, garántense nos 67 Concellos da provincia un mínimo de 3 millóns para a xeración de máis de 250 novos empregos; 1,5 millóns para o Servizo a Domicilio a 1.800 lucenses non dependentes e 4,2 millóns de euros para 67 obras novas coas que mellorar infraestruturas e dotacións públicas municipais a través do POS. “Estas son as cantidades mínimas para o DepuEmprego, o SAF Básico e o POS que deben respectar os municipios dentro da nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural, que responde por igual ás necesidades de todos os veciños da provincia. Os Concellos terán total autonomía para incrementar os fondos que lles corresponden para estas iniciativas. Como sempre, faremos a través de criterios totalmente obxectivos a distribución da totalidade de fondos do Plan Único nos 67 municipios”, apuntou.

A maiores do mínimo de 3 millóns para o DepuEmprego, Campos Conde inclúe máis de 6 millóns de euros para emprego. Ademais, no 2018 o executivo provincial prevé continuar coa execución doutros 8,1 millóns de euros cos que a Deputación asume os custos laborais de 700 lucenses que estaban no paro e que atoparon traballo a través das edicións do Ben Emprego e DepuEmprego que están en marcha na actualidade.

Ao respecto das políticas sociais, orzamento recolle 1,6 millóns para a Escola de Imaxe e Son; 365.0000 euros para o Plan de Impulso do Campus de Lugo; máis de 200.000 para Rof Codina e Facultade de Relacións Laborais; e 312.000 euros para a UNED. “Todo isto supón un investimento de case 2,5 millóns de euros no impulso dunha educación pública de calidade cando a Deputación non ten as competencias directas pero si unha firme aposta”, subliñou Campos.

 

Deporte, Cultura e Turismo 

Ao impulso do Deporte, especialmente ao deporte base e colabornado co conxunto de clubs da provincia, achéganse 4 millóns. 6 millóns de euros son para Cultura e case 1,2 millóns para o Centro de Artesanía e Deseño. No capítulo de investimentos, destacan os máis de 400.000 euros para o Plan Integral de Turismo.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com