A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, acompañada doutros membros da Corporación Municipal e representantes dos vinteséis colectivos participantes no mercadiño Diversiarte, inagurou este mediodía unha nova edición da iniciativa solidaria, que acolle a Praza Anxo Fernández Gómez ata venres, en horario de 11:00 a 15:00 horas, e de 17:00 a 20:00 horas.
No mercado, as persoas visitantes poderán obter información así como comprar distintos obxectos realizados polas asociacións ASORLU, ONCE, DOWN Lugo, COGAMI, ALUSOR, Feafes Galicia, FADEMGA Plena Inclusión, Bonhomía Asociación, Asociación Española do Síndroma de Wolf-Hirschhman, Adace Lugo, Asociación Galega de Lupus, ASPACE Lugo, ADIL, Alucem, Capaces, Alume, Bule Bule, ANADE, Auxilia, Raiolas Lugo, Alcer Lugo, Asociación Parkinson Lugo, AFALU, AECC, San Vicente de Paúl e ASPNAIS.
A maiores, Diversiarte inclúe programación cultural. En concreto, o mércores, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar o taller Coñecendo a linguaxe de signos, a cargo de ASORLU, en colaboración con la FAXPG, e de 17:00 a 20:00 horas, de decoración de galletas navideñas, por Raiolas. O xoves, de 17:00 a 18:00 horas, ONCE ofrecerá un taller de braille e novas tecnoloxías, que tamén se repetirá á mesma hora o venres. Ese mesmo día, a partir das 18:00 horas, Capaces ofrecerá un contacontos, e a AECC porá en marcha o carrito Don Amable.
Pola súa banda, a Fundación ANADE levará estes mesmos tres días unha exposición ao Edificio de Novas Tecnoloxías, así como exhibirá tres películas, o xoves e venres, de 11:00 a 13:00 horas. O xoves, ás 12:00 horas terá lugar a lectura de contos en Diversiarte e o venres, ás 18:30 horas, unha representación teatral.
Coincidindo con Diversiarte, COGAMI realizará unha actividade sorpresa o vernes 15, a partir das 16:30 horas no Museo Provincial de Lugo.