A Garda Civil imputou en calidade de investigados a tres persoas como presuntos autores dun delito de apropiación indebida de maquinaria na localidade de Burela.
Tras ter coñecemento da sustración de diversa maquinaria valorada en 200.000 euros nunha empresa situada na localidade mariñá o pasado mes de xuño, a Garda Civil iniciou un operativo policial no que se investiga se os presuntos autores venderon como chatarra ou alugaron a outras empresas dito material. As persoas investigadas foron postas a disposición xudicial.