Lugonovo urxe á implantación da Historia Electrónica en Servizos Sociais

A portavoz de Lugonovo, Cristina Pérez Herráiz, cre que “xa é hora” de que se revisen os mecanismos cos que operan os Servizos Sociais municipais para gañar en axilidade e eficacia. Así o explicou Pérez Herráiz, quen denunciou tamén que “agora mesmo, todo o relativo a cada expediente só pode ser consultado e xestionado exclusivamente polo traballador que ten asignado o caso, o que contribúe a incrementar a saturación de tarefas que xa padece o persoal e provoca tamén importantes transtornos para o usuario, entre eles, a demora na resolución das prestacións que recibe”.

Atrasos que poderíanse agravar nas próximas semanas ante a chegada das Festas do Nadal. “As quendas de vacacións dos profesionais desta área non se cubren o que merma a calidade da asistencia que, nestas datas, se ofrece ao cidadán xa que,  durante eses días, non teñen a onde acudir si se lles presenta algún problema”. Unha situación que, a xuízo da voceira, fai necesaria a implantación da Historia Social Única Electrónica con “absoluta inmediatez”.

“Nos últimos días, dez concellos da provincia veñen de estrenar esta ferramenta dixital que permite ter acceso á información máis relevante dos historiais de servizos, e recursos asignados aos usuarios dende as distintas administracións. Un sistema que, en Lugo, cremos resulta fundamental, en tanto axudaría a reducir prazos e labores administrativas e facilitaría o cometido dos profesionais”, subliña Pérez Herráiz.

O historial electrónico no só permite xerar e asinar dixitalmente os informes normalizados e arquivalos, senón tamén envialos de xeito telemático ás unidades tramitadoras para a súa consulta, posibilitando unha atención máis proactiva.
“Cremos que a xestión dos Servizos Sociais municipais debe mellorar, algo que se demostra no feito de que non se esgotase todo orzamento previsto para executar este ano. Só na partida destinada á Emerxencia sobraron máis de 100.000 euros. Queda, polo tanto, moito traballo que facer ao que agardamos axude a efectivizar esta Historia Única”, conclúe a portavoz de Lugonovo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com