A oposición do goberno local non confía nos orzamentos de Lara Méndez

O Concello de Lugo celebrou esta mañá unha Comisión de Contas, quenda do equipo de Lara Méndez para dar a coñecer -e convencer- á oposición sobre os presupostos para o vindeiro ano. O Goberno local levou a cabo esta comisión, dentro do percorrido administrativo que debe seguir a tramitación do proxecto de Orzamentos 2018 na que os socialistas afondaron no Plan de Barrios, dotado con 2,5 millóns de euros, explicando a  distribución deste importe
por liñas de actuación.

Para a oposición, as explicacións do equipo de Lara Méndez non foron suficientes ou, cando menos, convincentes, pois todos saíron da Comisións “decepcionados” co documento que os socialistas lles presentaron. O primeiro en reaccionar foi o voceiro popular, Antonio Ameijide, quen asegurou que estes orzamentos “xa sufiron o seu primeiro revés”. O voceiro do Grupo Municipal Popular di que o plan de investimentos anunciado “é un engano” aos lucenses por mor do “desfase” que hai entre a previsión de ingresos e os ingresos reais, xa que os populares detectaron un desequilibro. 

“Moito nos tememos que con estes gastos fixos e o desfase de máis de 13,5 millóns de euros que detectamos entre os ingresos previstos pola alcaldesa en contraposición coas liquidacións do último exercicio pechado non quedará case marxe de manobra para poder efectuar algunha inversión na cidade”, explicou Amejide. Neste eido, o popular asegura que “non hai cartos para inversión, xa que se os 15M€ proxectados para inversión non son reais a tenor do desfase detectado na liquidación do 2016”.

Pola súa banda, Lugonovo tildou o documento orzamentario de “decepcionante” e o voceiro do BNG, Rubén Arroxo, criticou que os orzamentos non sexan consensuados senon, “impostos polo PSOE” e lembrou como hai catro semanas o seu grupo propuxo convocar unha xunta de voceiros “para analizar, entre todos os grupos, cales son as necesidades reais do concello e facer unha proposta consensuada de orzamentos”.

Nesta mesma liña falaba a voceira de Cidadáns, Olga Louzao quen avanzou xa que votará en contra dos orzamentos os que cualificou como “dictatoriais”. Louzao afirmou que “o Goberno municipal, coa alcaldesa Lara Méndez á cabeza, fixo uns Orzamentos para vicios para este último ano de mandato, apurado pola ausencia de resultados despois de dous anos e medio sen facer nada”. “A alcaldesa quere tapar con toneladas de cemento, farolas, flores e estatuas por toda a cidade a imcompetencia do peor Goberno da historia de Lugo“, asegurou a voceira de Ciudadanos. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com