“Os animais non son cousas nin agasallos”. Esa é a máxima coa que a Asociación Animalista Libera! está a traballar durante estes días para previr a compra de animais domésticos ou exóticos como agasallo de Nadal en Lugo, unha práctica todavía extendida na comunidade que “só contribúe a manter a cosificación dos seres vivos como meros obxectos de desexo.
A compra compulsiva, alimentada pola exhibición de animais en escaparates, podería ter os seus días contados, xa que a nova Lei de Benestar Animal de Galicia contempla a prohibición desta práctica comercial despois dun periodo de adaptación para as tendas e establecementos que todavía venden toda clase de animais vivos, dende perros e gatos, ata coellos ou cobaias.
Precisamente, os animalistas advertiron un incremento do comercio de pequenos animais como agasallo de Nadal en base a supostos criterios de comodidade, “coma se un coello, cobaia ou hámster, e mesmo tartarugas, non requirisen o mesmo número de coidados, ou non necesitasen ter unha asistencia veterinaria regular”. Son precisamente as especies de menor tamaño as que aumentan en maior número o seu abandono.
Estímase que o 40% dos animais empregados como agasallo de Nadal serán abandonados durante o primeiro trimestre de 2018, ou entregados nas instalacións da protectora local ou algún dos centros da comarca.
Coa campaña Non son o teu agasallo, a Asociación Animalista Libera! espera concienciar ás e os lucenses sobre a necesidade de non empregar os animais como obxecto, e moito menos realizar transaccións a través de centros ou vendedores non autorizados. O comercio ilegal, principalmente a través de redes sociais, supón unha fraude fiscal e ningunha garantía de saúde nos propios animais