‘Across the universe’ pecha o “Cinema de outono” na Sede de Afundación

Afundación pon punto e final ao ciclo «Cinema de outono» na súa sede de Lugo (praza de Santa María, s/n) coa proxección, mañá martes 19 de decembro, a partir das 20.00 horas, do filme Across the universe. A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Todos os filmes que conformaron este ciclo viran en torno ao mundo das artes e están protagonizadas por referentes da fotografía, a música, o cinema, a escultura e a moda.

Across the Universe (2007), de Julie Taymor, é un musical romántico ambientado nos Estados Unidos dos anos sesenta, entre as manifestacións en contra da guerra, as viaxes espirituais e o rock and roll. No medio desta situación, os protagonistas Jude e Lucy vense involucrados nas protestas que sacoden a súa cidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com