O Deputado do Goberno Provincial pola Terra Chá, Eduardo Vidal Baamonde, e a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, mantiveron varios encontros con comerciantes deste municipio para coñecer as primeiras impresións dos 60 comerciantes deste Concello que participan en Merca e Gaña polo Nadal.
Trátase da campaña de sensibilización e visibilización cidadá que puxo en marcha nos 67 Concellos da provincia o Goberno da Deputación en colaboración coa Federación de Comercio para promover as compras no comercio local. Merca e Gaña polo Nadal desenvolvese ata ao 6 de xaneiro. Durante estas datas, ademais de incentivar as compras no comercio local con material promocional nas rúas ou en redes sociais co hashtag #nadalmercaegaña; as persoas que merquen en calquera dos establecementos da provincia poderán participar no sorteo de 20 tarxetas regalo de 300 euros e outras 20 de 200 euros.
Para elo, débese fotografar o tícket da compra e rexistrala en www.nadalmercaegana.com ou solicitar o seu rexistro ao comerciante. O sorteo ante notario será o 12 de xaneiro.