As asociacións veciñais piden “responsabilidade” á oposición e o apoio aos Orzamentos 2018

O Pleno do Concello de Lugo debaterá o documento orzamentario de 2018 o vindeiro xoves e, mentres, surxen os primeiros posicionamentos da oposición con respecto ao proxecto de presupostos que presentou o equipo de goberno. Se onte era Cidadáns Lugo quen aseguraba que non apoiarían uns orzamentos “dictatoriais” e “para vicios da alcaldesa”, hoxe é Rubén Arroxo, voceiro dos nacionalistas quen negou o seu voto a favor a este documento.

Rubén Arroxo explicou como o BNG-AA, realizou onte unha asamblea para contar con toda a agrupación e que, entre todos, tomaran unha decisión ante os orzamentos. Segundo anunciou o voceiro, os nacionalistas votaron “por unanimidade” non apoiar o documento presentado “imposto” polo goberno local.

Arroxo e os seus botan en falta que a oposición teña participación na creación do documento e consideran que son uns orzamentos “ficticios” pois critican que aparezan partidas que “levan anos e anos estando no papel pero que nunca se chegan a executar”.

Mentres siguen a aparecer detractores dos presupostos que presentou o Concello dentro da corporación municipal; fóra da Casa Consistorial as reaccións son moi distintas. A veciñanza, as distintas agrupacións veciñáis da cidade, piden “responsabilidade” á oposición e que se axude a sacar adiante as contas do vindeiro ano. Así, entre os comunicados remitidos aos medios, atópase o da Federación Veciñal Lucus Augusti, o da Plataforma pola Defensa da Zona Norte, pola Asociación de Veciños Porta de Lugo ou mesmo da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).

Todos eles recollen o “importante investimento” que supoñen estes orzamentos para a cidade “entendemos que os grupos da oposición, deben manter unha actitude colaborativa, polo que este documento representa para o conxunto da cidade”, afirma José Manuel Carballo, presidente da Asociación de Veciños Porta de Lugo.

“Está claro, que nunca se nos presentou un orzamento tan inversor e por elo requerimos de todos os grupos municipais con representación no Pleno, a súa aprobación; se así non o fixesen, estamos seguros que esixiremos as responsabilidades políticas derivadas da falta de inversións á que abocarán ao Concello”, avisan dende a Plataforma pola Defensa da Zona Norte, que tamén destacan a partida do Plan de Barrios e todas as actuacións que o Concello contemplan para o Sagrado Corazón, As Gándaras ou A Piringalla, así como para toda a zona rural.

Pola súa banda, dende a Federación van máis aló e aseguran que “Lugo, como cidade de primeira, necesita ediles de primeira” e advirten que organizarán charlas nos barrios e parroquias para explicar a toda a cidadanía que concelleiros votaron en contra dos orzamentos.

A CEL, pola súa parte, subraia que “a prórroga duns presupostos é sempre unha mala nova para unha Administración e os seus administrados” por canto “perxudica ao desenrolo social e económico dunha cidade e, sobre todo, implica a imposibilidade de acometer novas iniciativas e actividades”. Por isto, e “polo ben da cidade” dende a Confederación de Empresarios de Lugo abogan pola responsabilidade dos grupos políticos que conforman a corporación de cara a “aprobar os orzamentos e evitar traballar o vindeiro exercizo con eles prorrogados un ano máis, o que supón dificultades craras para atender a novas prioridades políticas e sociais”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com