30.000 persoas participaron este ano nas actividades de Terras do Miño

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presidiu hoxe as reunións dos órganos de participación e reitor da Reserva da Biosfera de Terras do Miño, nas que se deu conta das actuacións levadas cabo polo Goberno Provincial neste territorio recoñecido pola UNESCO durante esta anualidade. O organismo provincial, como xestor deste espazo, ten a responsabilidade de dalo a coñecer e de promover o seu aproveitamento sostible, favorecendo a relación dos cidadáns co este entorno, que ten unha extensión superior ás 363.000 hectáreas, que discorren por 26 Concellos. Durante este ano, puxo en marcha máis de 100 actividades de posta en valor e desenvolvemento sostible de Terras do Miño, que chegaron a máis de 30.000 persoas.

Foron actividades moi variadas, entre as que destaca, por exemplo, a cuarta edición do Campus de Empredemento Sostible, co que se ofreceu gratis formación e asesoramento a veciños dispostos a abrir os seus propios negocios en zonas da Reserva. Celebráronse xornadas informativas sobre asuntos medioambientais que atinxen a este espazo, como o debate sobre o eucalipto, no que uns 20 expertos, investigadores, ecoloxistas, representantes do sector da madeira, e mesmo Concellos, expuxeron as distintas sensibilidades sobre as prácticas forestais na zona.

Outro dos proxectos estrela do 2017 foi o Life in Commond, que se iniciou logo de captar dende a Deputación 1,4 millóns de euros da Unión Europea. Estase a desenvolver coa colaboración da USC e UDC e coa participación activa de todos os montes en man común existen na Serra do Xistral. Conxuntamente, estanse a definir as prácticas de desenvolvemento sostible.

Máis actividades para 2018

Tamén hoxe Argelio Fernández Queipo presentou as actividades que se desenrolaran no Centro de Interpretación Terras do Miño no primeiro trimestre do ano 2018. O Deputado de Medio Ambiente explicouparte da programación medioambiental, gratuíta e para persoas de todas as idades, que o Goberno Provincial ten preparada. Son 13 iniciativas moi variadas (sobre poda, xardinería de reciclaxe, compostaxe, horticultura, conferencias, campamentos urbanos…) que suman un total de 445 prazas. O prazo de solicitude abrirase mañá mesmo a partires das 12:00 horas en www.deputacionlugo.gal.

Fernández Queipo destacou que “con estas actividades poñemos en valor a biodiversidade da nosa provincia, a riqueza da mesma e as oportunidades que nos ofrece. Cumprimos con éxito a nosa responsabilidade como xestores da Reserva da Biosfera de Terra do Miño, que é achegar aos veciños a riqueza natural deste territorio e aproveitalo de xeito sostible. Mostra disto é que rematamos a programación de actividades do 2017 contando coa participación de máis de 2.000 lucenses, uns 450 máis que no 2016”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com