O Vello Cárcere de Lugo estreou esta tarde unha nova exposición itinerante. Trátase dunha mostra de fotografía organizada pola Asociación Española do Síndrome Wolf- Hirschhorn, onde se expoñeron fotografías de nenos e nenas con esta discapacidade dende un punto de vista cunha proposta positiva da mesma, unha diversidade que afecta a dúas familias en Lugo e a tres en toda Galicia.
A exposición Coñecendo o Síndrome de Wolf-Hirschhorn consiste nunha serie de 27 fotografías que perseguen un triple obxectivo: visibilizar e sensibilizar sobre este síndrome, transmitir unha imaxe positiva desta enfermidade rara e fomentar o coñecemento a nivel social e institucional da patoloxía.
As fotos realizáronas cinco fotógrafos de maneira altruísta e desinteresada: Andrés Gómez, Kepa Fuentes, Olatz Soto, Sofía Guillén e Víctor Clavijo. Este cinco profesionais, a través das súas imaxes, captaron a esencia e a singularidade dos nenos e nenas, os auténticos protagonistas da exposición.
A exposición poderase visitar ata o 15 de xaneiro, na segunda pranta no Vello Cárcere, en horario de 11:00 a 14:00 horas de luns a domingo, e de 17:00 a 20:30 horas os martes, mércores e domingo, e de 17:00 a 22:30 horas os xoves, venres e sábados.