Falece unha muller tras ser atropelada por un tren en Monforte

Unha muller faleceu onte tras ser atropelada por un tren que circulaba á altura do paso a nivel da Florida, na localidade de Monforte de Lemos. Pasaban uns minutos das 20.30 horas cando o persoal do centro de seguridade de ADIF comunicaba o suceso ao 112 Galicia.

Nada más chegar ao lugar, os servizos de emerxencia puideron comprobar que a muller se atopaba baixo o convoy. Por iso, tivo que ser excarcelaba polos membros do parque comarcal de Bombeiros. Ao fío das 22.00 horas o persoal de Adif comunicaba que a circulación de trenes quedara totalmente restablecida.

E noutro eido, efectivos do GES de Monterroso rescataron onte a un conductor que se precipitou por un desnivel despois de saírse da vía e volcar co seu turismo. Ao redor das nove da noite de onte o propio conductor solicitaba axuda ao 112 Galicia, e indicaba a súa posición, na estrada LUGO- 633 que enlaza Portomarín e Monterroso. O home atopábase dentro do seu vehículo, envorcado, sen poder abrir as portas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com