Esta madrugada ardeu por completo unha vivenda na parroquia de Amandi en Sober. Tratouse, segundo sinalaron os servizos de emerxencias, dunha vivenda habitada e composta por dous andares, que resultou totalmente calcinada por un incendio que puido comezar na entrada.
Por fortuna, ninguén resultou afectado polo lume, xa que nada máis decatarse do lume os ocupantes abandonaron o inmoble. Con todo, o propietario necesitou asistencia médica por mor dunha crise de ansiedade, pola que o trasladaron ao centro de saúde da localidade.
Tamén se salvou outra vivenda lindeira, pese ao calor que tomou a medianeira e que os efectivos de extinción se encargaron de refrixerar.
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do suceso a través das chamadas de varios particulares que pedían axuda. A partir dese momento, o pesoal do 112 Galicia activou un operativo no que participaron os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Monforte, así como os voluntarios de Protección Civil que achegaron una motobomba municipal.
Os axentes da Garda Civil e os profesionais de Urxencias Sanitarias completaron este operativo.