O Concello de Lugo viuse na obriga de pechar durante o día de hoxe os dous parques grandes da cidade, o da Milagrosa e o de Rosalía de Castro, como medida de prevención para garantir a seguridade da cidadanía ante a alerta laranxa por vento decretada pola Axencia Xeral de Metereoloxía, que se iniciou ás 18:00 horas e que afectará con rachas de 90 km/h a Lugo centro.
A apertura dos parques realizarase en función da evolución deste fenómeno metereolóxico adverso que afecta a toda a comunidade autónoma, con previsión de que finalizará nas primeiras horas de mañá mércores. Así mesmo, quedará pechado o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), suspendéndose as actividades previstas para esta tarde nestas instalacións municipais.