O Goberno de Lugo presentou esta mañá, nunha xuntanza da Comisión de Festas do San Froilán, as contas sobre o orzamento destes festexos, que se situou nos 639.300 euros. Fíxoo a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, nunha reunión que tivo lugar no Salón de Comisións, na que participaron técnicos da área de cultura así como representantes dos distintos grupos da Corporación Municipal e na que explicou que desta cantidade, 501.584 euros foron de diferentes ingresos, polo que o custo real dos festexos para os lucenses foi de 137.716 euros. O San Froilán foi neste 2017 unha festas para enmarcar pola altísima particIpación rexistrada e o gran ambiente e animación vivido nas rúas.
Tal e como informou a edil, os ingresos (501.584 euros) prodeceron principalmente do feiral (349.939,20 euros) e das casetas do polbo (120.044,90 euros), así como distintos patrocinadores: Axencia Galega de Turismo (20.000€), Abanca (5.000€), Gadis (2.500€), Calfensa (1.500€) e Editorial MIC (2.600€).
En canto aos gastos, Basadre subliñou que o Concello xa ten pagado 610.627,09 euros no que a gastos se refire, tanto de infraestruturas, promocións e difusións, prevención de riscos, producións, stands, carpas ou iluminación.