Falece un camioneiro ao chocar o seu vehículo contra un coche en Monforte

Un camioneiro faleceu esta tarde en Monforte de Lemos despois de que o tráiler no que viaxaba chocase contra un coche. Segundo indicóuselle ao 112 Galicia, o camión acabou envorcado nun desnivel de cinco metros. Ademais, o condutor do turismo accidentado tivo que ser excarcerado polos Bombeiros de Monforte ao quedar atrapado no interior do vehículo.
O sinistro ocorreu na N-120, concretamente no punto quilométrico 525. Foron varios os particulares que contactaron co 112 Galicia para dar conta do accidente ao fío das 13:30 horas. Enseguida, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias ( CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso ao 061- Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Monforte de Lemos, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e á Policía Local. Tamén, desde o CIAE, informouse do sinistro aos Bombeiros de Chantada. Unha vez no lugar do accidente, os efectivos sanitarios trasladaron ata un centro médico ao condutor do coche e, finalmente, tan só puideron certificar o falecemento do camioneiro.
  • Copiar

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com