Activado o plan de vialidade invernal na provincia

A Xunta de Galicia ten activado dende o pasado 1 de novembro o plan de vialidade invernal na provincia que se aplicará en todas as estradas da rede autonómica, para o que contan con 118 traballadores, 1740 toneladas de fundente e 2 centros operativos. Tras o paso da borrasca Bruno e a previsión de nevaradas, o ente autonómico está a traballar neste plan con medidas que se dividen en dous grandes grupos: as preventivas, para anticiparse aos posibles problemas que poidan xurdir; e as curativas, para incrementar a seguridade nas estradas.

O obxectivo deste operativo que, nun principio, se extenderá ata o 30 de abril é organizar os recursos coa fin de garantir as condicións de vialidade na rede de estradas, que se poden ver dificultadas no inverno por fortes choivas, placas de xeo, ou a aparición de neve.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com