Medio Rural axuda á compra de tres tractores en Pastoriza, Xermade e Cospeito

Tres concellos da Terra Chá, A PastorizaXermade e Cospeito, dispoñen dun tractor para a roza grazas a un novo convenio subscrito coa Consellería do Medio Rural. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, desprazouse hoxe ata o primeiro dos municipios citados para ver o vehículo recentemente adquirido.

Balseiro explicou que a consellería demostra así o seu apoio aos concellos, “tratando de facilitar a execución das súas competencias como é o mantemento libre de maleza das infraestruturas rurais, as redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e determinadas parcelas de titularidade municipal”.

Con este obxectivo, concedeu a cada un dos concellos 90.000 euros para a compra íntegra desta maquinaria, da que unicamente está excluído o imposto sobre o valor engadido (IVE) como gasto subvencionable. Esta medida súmase a outras que xa viña aplicando a consellería como o convenio marco de colaboración cos concellos para a prevención e defensa contra os incendios forestais e polo que as entidades locais poden subvencionar as rozas, dispor de  motobombas e brigadas municipais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com