A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Bretoña de 60 anos de idade pola súa presunta participación no incendio dunha palleira para o seu uso agrícola, na localidade da Pastoriza.
Os feitos tiveron lugar o pasado mes de xuño cando se recistrou un incendio no interior dun alpendre, en cuxo interior se almacenaba herba seca, un tractor e diverso material de uso agrícola, ascendendo os dano ocasionados a uns 18.000 euros. Tras apagar o lume a Garda Civil inicia unha investigación para escrrarecer os feitos dando como resultado a imputación como investigado do presunto autor do incenvio quen foi posto a disposición xudicial.