As instalacións do Mercado Municipal acolleron hoxeama Vive o Nadal na Praza e Mercado de Abastos. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, e o Concelleiro de Persoal e Desenvolvemento Sostible, Daniel Piñeiro, acudiron a esta sesión, na que numeroso público seguiu con entusiasmo á pequena chef, que realizou un menú consistente nun prato salgado volován de berberecho con queixo do Cebreiro e noces, e de postre, pudin de castañas e chocolate acompañado de marmeladas.
Dentro desta programación, a vindeira semana continúa a ludoteca para nenos e nenas de 2 a 10 anos, nestas mesmas instalacións, que se desenvolve de luns a venres, excepto festivos, ata o 5 de xaneiro, en horario de 10:00 a 13:30 horas.
Con ambas as dúas actividades, o Concello pretende fomentar a vida san e que os nenos e nenas, dende a súa corta idade, aprendan os beneficios dunha alimentación saudable cos produtos de calidade que se venden na Praza de Abastos e no Mercado.