Comezan as negociacións de cara á moción de censura

A oposición do Concello de Lugo comeza a mobilizarse para preparar unha moción de censura. Se onte era o voceiro popular, Antonio Ameijide, quen lle entregaba aos grupos municipais  unha petición formal para reunirse e explorar as posibilidades dun goberno alternativo ao socialista, hoxe tivo lugar esa reuniñon e o voceiro nacionalista, Rubén Arroxo, reafirmábase na súa oferta de liderar un goberno á esquerda do PSOE, e non quedaba aí senón que especificaba que estaría disposto a integrar no seu goberno a ediles socialistas que podan facer unha boa labor.

Na reunión dos cinco voceiros da oposición para barallar as posibilidades de goberno alternativo, e mentres PP e BNG comezaron a busca de apoios á súa ‘candidatura á alcaldía’, Lugonovo volveu a advertir que non apoiará moción ningunha “liderada ou apoiada pola dereita“. E así llelo trasladou a súa portavoz, Cristina Pérez, aos voceiros das agrupación. Nin PP nin Cidadáns, esa é a condición para que Lugonovo apoie a moción de cesura.

“Non queremos un executivo do PP, nin tampouco da súa cara B. Nin nos sumamos a ningún proxecto no que ámbalas dúas formacións poidan exercer a súa presión e represión dende a retagarda”, explicaba Cristina Pérez. A razón? Moi sinxela, “forma parte da nosa esencia. Porque Lugonovo cre nunha democracia real e participativa, na defensa e salvagarda dos dereitos e liberdades sociais, aposta sempre polo público e, polo tanto, as nosas políticas resultan absolutamente antagónicas ao neoliberalismo que estes partidos impoñen alí onde conforman maioría”.

Da outra banda, Olga Louzao, a voceira de Cidadáns, descartou esta mañá a posibilidade de que o voceiro do BNG poda encabezar unha moción de censura á alcaldesa e afirmou que o seu grupo “nunca apoiará a un partido que se cartea con Oriol Junqueras“. “A autoproclamación de Rubén Arroxo foi un simple brindis ao sol por parte do portavoz do Bloque”, asegurou Louzao, quen aclarou que “Cidadáns en ningún momento amosou a súa disposición a apoiar a un candidato en concreto senón que fixo unha apelación ao diálogo ante a situación complicada na que se atopa o Concello”.

Ante esto, o voceiro popular avanzou que, a vindeira semana, volverá a xuntarse cos demáis voceiros e matizou que “este non é o momento dos personalismos, nin das liñas vermellas, senón de estudar as necesidades dos lucenses e buscar unha alternativa ao caos que se vive no Concello”, expresou Antonio Ameijide.

O voceiro do Grupo Popular Antonio Ameijide explicou que a xuntanza que se celebrou esta mañá, promovida dende o Grupo Popular e á que asistiron todos os voceiros da oposición, terá continuidade a vindeira semana tal e como se acordou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com