A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia alertou esta tarde dun temporal costeiro de nivel laranxa que afectará ao litoral da provincia de Lugo.
Segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) espérase mar combinada do oeste noroeste, con ondas de entre 5 e 6 metros, ventos do sudoeste de forza 7-8, que afectará á costa lucense.