A fachada dunha casa abandonada de tres andares veuse abaixo a pasada noite en Monforte de Lemos. Os feitos tiveron lugar na rúa Calvo Sotelo, moi preto da estación de tren. Segundo informa 112 Galicia, os cascotes esmagaron un coche e obstaculizaron a circulación na estrada, que quedou cortada ao tráfico.
Un particular foi quen alertou ao 112 ao redor das 5.00 horas desta madrugada. Dende o Centro de Atención ás emerxencias puxeron os feitos en coñecemento da Policía Local e dos Bombeiros de Monforte que se achegaron ao lugar dos feitos para comprobar que ningunha persoa se atopaba no interior do turismo.