O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, uníuse hoxe ás especulacións sobre un goberno alternativo na cidade de Lugo e unha posible moción de censura. O delegado quixo lembrar que os grupos que apoiaron a investidura da actual rexedora, Lara Méndez, son agora os que se postulan para liderar o goberno alternativo. Dende o seu posto como delegado da Xunta, Balseiro adquiriu o compromiso de colaborar con Lugo, independentemente de que o goberno que teña sexa o actual ou o resultante dunha moción de censura.
Pola súa banda, o voceiro municipal, Miguel Fernández, asegurou hoxe que o equipo de Lara Méndez, está tomando as negociacións da oposición con absoluta normalidade pero sen deixar de avanzar no proxecto que teñen para a cidade. Respetan a portura de todos os partidos pero aseguran que as portas de alcaldía están abertas ao diálogo con todos os grupos.