O PP pide maior sinalización no cruce entre as rúas Curros Enríquez, Milagrosa e Valle Inclán

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Enrique Rozas, pide ao goberno local que instale elementos que doten de maior seguridade aos peóns e condutores no cruce das rúas Valle Inclán, Curros Enríquez  e Milagrosa.

O vicevoceiro popular precisou que neste cruce “estanse a producir” demasiados accidentes nas últimas datas, polo que é preciso reforzar a seguridade para evitar que sucesos así se repitan con tanta frecuencia. Enrique Rozas afirmou que os veciños e comerciantes do barrio están “preocupados” porque ven como os accidentes se suceden neste cruce. Por iso, o popular pide ao goberno local elementos visuais que avisen coa antelación suficiente aos condutores da cercanía dun paso de peóns, xa que “cando hai néboa ou choiva” os accidentes aumentan neste punto xa que a visibilidade se reduce “considerablemente”.

O vicevoceiro popular precisou que “sería bo dotar a zona” de elementos que axuden a aumentar a visibilidade do cruce que, nas últimas datas, está a converterse “nun dos puntos negros” de Lugo. Neste senso, Rozas pide que non só se coloquen sinais verticais como xa se fixo noutros puntos da cidade, senón que tamén sería unha boa opción a colocación de elementos visuais no chan para aumentar a visibilidade e a seguridade dos peóns ao cruzar a rúa.

Precisamente, as malas condicións climatolóxicas contribuíron a que a semana pasada, nunha mesma tarde, se produciran dous atropelos na contorna dese cruce e, días máis tarde, houbo unha colisión con varios vehículos implicados no sinistro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com